Estados Unidos súmase á carreira polo litio


A transición enerxética está a aumentar a demanda mundial e segundo a industria esta multiplicarase por seis dentro de 8 anos. «A demanda de litio a nivel mundial está a crecer en torno ao 20% anual», destaca Chris Berry, analista do sector do litio de House Mountain Partners. Actualmente Estados Unidos produce menos do 2% de subministración mundial nun momento no que China domina a cadea. «Os chineses posúen probablemente entre o 60% e o 70% da cadea de subministración de litio en particular» engade Chris Berry.

Para competir nunha carreira na que parte con desvantaxe, Estados Unidos xa ten proxectos novos e potenciais de extracción de litio en diversas fases de desenvolvemento en estados como Maine, Carolina do Norte, California e Nevada. A carreira tórnase complicada debido a que poñer unha mina en funcionamento supón bastantes anos e a demanda de vehículos eléctricos dispararase tendo en conta que xa hai sitios nos que a venda de coches de combustión prohibirase a partir de 2035 como é o caso do estado de California ou a UE.