Donald Trump confirmou este luns o interese do seu país e do seu goberno en mercar a illa de Groenlandia, a máis grande do mundo.
A illa, aínda que autónoma, esta xestionada politícamente por Dinamarca é ten un grande interese tanto xeoestratéxico como polos seus recursos naturais.
Trump recoñeceu por primeira vez en público o interese aínda que subliñou que non é unha cuestión prioritaria e que simplemente están a falar e estudar a posibilidade.
Dende Groenlandia aseguran que o país non está en venda e as autoridades danesas rexeitan un debate que cualifican de absurdo.