Estala un paquete bomba nunha céntrica rúa de Lyon

1 minutes read

Estala un paquete bomba nunha concorrida rúa peonil de Lyon, segunda cidade de Francia, causando polo menos oito feridos, en estado leve, entre eles unha nena; o paquete que contiña cravos feriu os peóns nas pernas. O presidente francés, Emmanuel Macron, reaccionou calificando a explosión como un ataque sen vítimas mortais.

Os feitos tiveron lugar moi preto da praza Bellecour, considerada o corazón da cidade.

Un portavoz da Prefectura sinalou que «a situación se atopa baixo control» e que a policía estableceu un perímetro de seguridade ao redor das rúas afectadas. Agregou que se investiga a causa do estalido, que se produciu ao redor da 17.30 hora local.

A Policía fixo un chamamento á cidadanía para evitar que se achegue ás rúas do centro de Lyon e facilitar así os labores de socorro e investigación.

O presidente francés, Emmanuel Macron, reaccionou sinalando que foi un «ataque». O mandatario engadiu nunha entrevista en Youtube que «non hai vítimas mortais, pero si feridos», e enviou os seus mellores desexos ás persoas afectadas.

Fonte: Euronews