Estas son as mobilizacións convocadas polo feminismo galego para o 25-N

2 minutes read

Organicémonos contra as violencias machistas! A nosa loita é pola vida! é a palabra de orde da Marcha Mundial das Mulleres para este 25 de novembro na Galiza. As mobilizacións decorrerán en varias cidades e vilas, cuxo número vai aumentando a medida que se achega a xornada na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia Machista.

“Desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos que este 25N encha as rúas de feminismo e reivindicación para construír un movemento forte capaz de enfrontar as políticas reaccionarias e continuar a gañar dereitos para as mulleres. Precisamos máis organización, máis debate e unha axenda combativa para facer fronte ás violencias machistas e nese obxectivo traballamos cada día dende a marcha!”, indican as convocantes.

O manifesto do 25-N recolle que esta é unha data “para seguir loitando, día a día, até erradicar calquera tipo de violencia machista”. Tamén chaman á mobilización outros colectivos como Feminismo Unitário Vigo, Asociación Area Loura, Mulleres de Raíz, Asamblea Aberta Feminista de Compostela, Plataforma Feminista Galega ou Plataforma Feminista de Lugo, que precisamente hoxe chama a actuar fronte aos «silencios cómplices» coa violencia machista.

Lugar e hora:

  • A Coruña, Obelisco, 19 horas
  • As Pontes, praza do Hospital, 18:30 horas
  • Ames, praza do Concello, 12 horas
  • Betanzos, palco da Música, 18:30
  • Carnota, praza da Pedra, 19 horas
  • Catoira, alameda do Concello, 20 horas
  • Cee, praza 8M, 20 horas
  • Compostela, praza 8m, 20 horas manifestación; 21:30 ruada praza Praterías
  • Ferrol, praza do Himno, 19 horas
  • Lalín, praza da Igrexa, 12:30 horas
  • Lugo, multiusos da Xunta, 20 horas
  • Monforte, praza de España, 17 horas
  • O Porriño, diante do Concello, 20 horas
  • Ourense, 12:30 horas, acción Paseo-Concordia; 19:30 horas manifestación Subdelegación
  • Padrón, praza de Macías, 20 horas
  • Ponteceso, praza do Recheo, 13 horas
  • Pontedeume, praza do Concello, 12 horas
  • Pontevedra, praza de Ourense, 12 horas
  • Rianxo, praza de Padrón, 12 horas
  • Ribadavia, praza Maior, 20 horas
  • Ribadeo, praza 8 de marzo, 19:30 horas
  • Sarria, Montecarlo (Rúa Diego Pazos, 1), 19.30 horas (‘Versos libres contra a violencia machista’, organizado por Mulleres de Raíz)
  • Val Miñor, cruce da Ramallosa, 20:30 horas
  • Vigo, Vía Norte/Urzáiz, 20 horas
  • Vilagarcía, praza de Galiza, 12 horas
  • Vilalba, praza da Constitución, 18:30 horas