Tras dous anos de cancelacións (2020 e 2021) con motivo da pandemia da COVID-19, a Festa do Roscón de Lañas, no Concello de Arteixo, voltará para celebrar a súa XVII Edición (sempre que a situación o permita). Desta volta, será este domingo 1 de MAIO. Aproveitando para celebrar, ao mesmo tempo, o Santo Amaro dos Novos.
O programa deste ano inclúe degustación gratuíta dos produtos expostos, Sesión Vermouth e Verbena de tarde co Dúo MATICES e un Xantar Popular. Ademais, amplíase o número de panadarías e confitarías colaboradoras. Este ano serán a Panadería Agustín Fernández (Lañas), Confitería Mari (Arteixo), Panadería Rozas (Arteixo e A Coruña) e Panadería Carracedo (Arteixo).
Cabe recordar a importancia desta festa gastronómica, que vai xa pola súa XVII edición, e do roscón de Lañas, calificado como un dos postres máis típicos da Provincia da Coruña por National Geographic. A organización anima a todas as persoas a visitar a súa parroquia e probar o seu marabilloso roscón.
36