43
Despois da xira que vén de realizar o Dúo Marineda polos centros sociais de Ardaña, Noicela, Oza, Cances, Bértoa, Verdillo e Sofán, este domingo comeza a temporada de bailes para maiores no Pazo da Cultura de Carballo. Haberá música todos os domingos de 18.00 a 21.00 horas. Coas seguintes actuacións previstas ata o Nadal:
- 20 de novembro: Dúo Veneguay
- 27 de novembro: Dúo Élite
- 4 de decembro: Rocío Pérez
- 11 de decembro: Rocío Pérez
O 18 de decembro celebrarase o baile de Nadal, que pechará a programación deste ano. A Concellaría de Terceira Idade retomou en outubro as ansiadas tardes de baile para as persoas maiores, que estaban suspendidas dende o inicio da pandemia.