Este domingo comeza a campaña de verán nas piscinas municipais de Zas

Todas aquelas persoas que desexen usar as instalacións durante todo verán poderán facer o seu carné de usuario/a no Rexistro do Concello de Zas. O custe da inscrición para toda a tempada é de 9 euros para a rapazada de ata 14 anos e de 12 euros para os maiores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores. Calquera destes trámites débense de realizar no Rexistro do Concello de Zas, en horario de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas. 

Todas aquelas persoas que non dispoñan do carné da piscina poden facer igualmente uso das instalacións pagando a entrada diaria que ten un custo de 0,60€. 

Na páxina web do Concello de Zas e nas redes sociais municipais poderase consultar o calendario de apertura das dúas piscinas municipais. 

Cursos de natación

Ao igual que nos anos anteriores, durante os meses de xullo e agosto ofertaremos cursos de natación gratuítos para todas as idades. Pódese ampliar información ao respecto na Casa do Concello ou a través do número de teléfono 981 708 303.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte