Trátase dunha medida de prevención, ante as actuais restricións sanitarias. Así se acordou nunha xuntanza entre a Concellaría de Feiras e representantes do sector da venda ambulante, na que tamén se decidiu traballar na busca de alternativas que permitan manter a actividade dos/as feirantes no caso de que se manteña a situación sanitaria ou de que se repita ao longo do ano. Nese sentido, o concelleiro de Feiras, Juan Seoane, valorou moi positivamente a colaboración e a boa disposición do sector para que Carballo poida seguir celebrando feiras e mercados nas mellores condicións de seguridade. Na Praza do Concello mantéñense os mercados dos xoves e as feiras dos domingos coa distribución establecida tras o estado de alarma e que xa está consolidada.
38