Este domingo regresa a feira ao barrio da Milagrosa de Carballo


Este domingo volverá a celebrarse a tradicional feira do barrio da Milagrosa en Carballo, tras o levantamento das últimas restricións sanitarias na zona, será nas mesmas condicións nas que se vén levando a cabo dende o estado de alarma: postos máis pequenos, cunha separación mínima de 1,5 metros entre eles, e ocupando tamén un treito da rúa Río Miño para garantir a separación.

Cabe lembrar que nas rúas afectadas non poderán estacionarse vehículos nin se permitirá a circulación, agás para emerxencias, dende as 22:00 horas do sábado ata as 16:00 horas do domingo.

Na Praza do Concello mantense, tanto os domingos de feira coma os xoves, o mercado de produtos da horta cunha nova distribución que cada vez ten mellor acollida. E tanto nunha feira coma na outra é preciso que vendedores e compradores respecten as medidas de seguridade e hixiene, utilizando mascarillas, realizando unha hixiene axeitada de mans, evitando tocar os produtos e respectando as distancias.