Este domingo volve a concentración de motos clásicas por Bergantiños

Este domingo 9 de xullo volverá a celebrarse un dos tradicionais eventos anuais na comarca de Bergantiños, será a XV Concentración de Motos Antigas organizada por Amig@s das motos clásicas de Bergantiños. Na cita participarán máis de 100 motoristas que farán rodar as súas prezadas motos clásicas de máis de 35 anos ata o Centro de Artesanía e Tradición. Ás 10.00 horas terá lugar a correspondente acreditación na rúa Desiderio Varela de Carballo e ás 11:00 darase o pistoletazo de saída. O coste de inscrición con pinchos é de 15 euros e con comida de 35. Coñecerán de preto diferentes lugares, entre eles Buño e a súa artesanía, a Olería de Buño, que está galardoada coa medalla de ouro das Belas Artes, para logo continuar a súa ruta por diferentes lugares da Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha