CANCELADO, churrasco gratis, dj e camareiras en topless


  • O goberno municipal de Meis impediu a celebración da festa nun local de hostalería que carecía do preceptivo permiso do Concello.
Promo festa en Montparnasse.

O local anunciaba a través de cuñas radiofónicas e as súas redes sociais a inauguración dun novo espazo ” chill out” cunha festa con “churrasco gratis” e “camareiras en topless”. O Concello de Meis tentou por todos os medios legais ao seu alcance impedir a celebración desta polémica festa. Un dos argumentos que esgrime para ordenar a súa paralización é que a nova zona que se pretende inaugurar carece de autorización municipal, segundo recoñeceu a alcaldesa, Marta Giráldez. Este particular reclamo axitou a polémica entre os veciños das comarcas de Pontevedra e Arousa, que lembran o historial xudicial do Club Montparnasse.

O concello comunicoulles que non podían celebrar o polémico evento xa que o espazo en que pretendían facelo carecía de permiso urbanístico.

Ademáis atentaría contra a Lei de Espectáculos de Galicia. Ainda que o local de alterne anunciou que suspendía a festa, a Garda Civil estivo vixiante para comprobar que así fose.