31
De entre as miles de papeletas depositadas na Casiña do Nadal, que forma parte do poboado navideño, extraeranse os dous premios de 1.000 € cada un deles e tamén a paga extra de 300 € mensuais durante todo o ano 2024.
O acto está previsto para as 17:00 horas no propio poboado navideño.
Se por razóns meteorolóxicas non puidese celebrarse ao aire libre, trasladarase ao hall do mercado municipal.
O sorteo é público polo que todas as persoas que o desexen poden estar presentes.
Os/as gañadores/as serán informados polo CCA Carballo no teléfono indicado na propia papeleta, acordando entre eles o día da entrega e consumo dos premios.