- Nas novas medidas de contención do coronavirus, que entrarán en vigor este domingo ás 00:00 horas, atópase a prohibición expresa do “botellón”
Moitos cidadáns dubidan sobre cando é obrigatorio o uso da máscara en Galicia, pero realmente a pregunta é moito máis sinxela se nos cuestionamos en que casos se nos permite non usala.
A Xunta de Galicia publicou este sábado no Diario Oficial de Galicia (DOG) as medidas que entrarán en vigor este domingo 19 ás 00:00 horas sobre o uso obrigatorio da máscara como elemento de protección fronte aos rebrotes de contaxios pola COVID-19 en España. Independentemente de estar en espazos públicos ou pechados, ou de poder manter a distancia de seguridade de 1,5 metros, este luns, todas as persoas maiores de 6 anos que visiten ou vivan en Galicia deberemos usar a máscara (cubrindo desde o tabique nasal ata o queixo, inclusive) en todos estes casos:
- En todo momento, tanto na vía pública e en espazos ao aire libre como en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- En todos os medios de transporte, públicos e privados. Nos turismos ocupados por persoas que convivan no mesmo domilicio non será obrigatorio.
- No caso dos colectivos de espectáculos culturais, de centros educativos ou nas celebracións deportivas federadas, estes deberán seguir os protocolos específicos.
CALES SON AS EXCEPCIÓNS? Para evitar problemas e en caso de dúbida, a mellor opción é levar a máscara en calquera situación ou contexto. Aínda así, coma en todo, hai excepcións:
- Persoas con enfermidades respiratorias que poidan ver agravada a súa situación polo «cubrebocas», persoas con discapacidade ou dependencia, e aquelas que non teñen autonomía para quitar a máscara.
- Turismos ocupados por persoas que convivan no mesmo domicilio.
- Non será obrigatorio levar máscara en praias e piscinas no momento do baño ou se a persoa permanece queda nun espazo, iso si, mantendo a distancia de seguridade interpersoal. Deberá usarse a máscara para pasear ou para acceder aos areais e piscinas.
- Hostalaría e restauración: só poderá quitarse a máscara no momento do consumo. Para entrar e saír, levantarse para pagar ou ir ao baño, haberá que cubrirse a boca e o nariz.
- Camarotes e dependencias de establecementos turísticos: cando unicamente se atopen neles os que conviven xuntos.
- Sempre que se poida gardar a distancia de 2 metros, non será obrigatorio usar a máscara durante o exercicio individual ao aire libre.
- Actividade física en instalacións durante a realización e con distancia de seguridade interpersoal.
- Casos de forza maior, cando a propia natureza das actividades dificulte o uso da máscara.
E por suposto, a Xunta tamén prohibe expresamente a activiade de ocio e lecer coñecida habitualmente como»botellón», xa que non é posible garantizar as medidas de seguridade e protección.