O Concello de Camariñas abrirá o luns, 14 de setembro, o prazo de inscrición para as súas actividades culturais e deportivas municipais para o curso 2026-2027. A data límite para anotarse é o mércores 30 de setembro e o inicio da programación está previsto para o xoves 1 de outubro.
As opcións culturais inclúen: baile (baile galego ifantil/xuvenil, introdución á danza, danza coreográfica, baile moderno, baile latino individual adultos, baile galego adultos); música tradicional (gaita, acordeón, bombo, tambor, saxo/clarinete, pandeireta); canto (pandeireta/canto infantil-xuvenil, pandeireta/canto adultos, cantos de taberna); música moderna (linguaxe musical, guitarra, piano, batería, canto); coro municipal e a escola de palillo.
En canto ás deportivas, hai: ximnasia de mantemento; relaxgim; pilates; ioga; Concello Activo Sénior; Adestra=saúde; e EF Concello Activo.
Por outra banda, a ANPA CEIP O Areal de Camariñas e a ANPA CEIP da Ponte do Porto ofrecen diferentes actividades extraescolares para este curso.
Ademais, tamén se ofertan actividades que promoven outras entidades: a Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, Actividades Náuticas de Ubuntu Life, Club Náutico de Camariñas, Ximnasia Rítmica e Estética de Pangea Costa da Morte; Iudo, e baile e música tradicional da Asociación Cultural Folja da Faneca.
