Este luns abre o prazo para anotarse nos minicampamentos ‘Coñece Galicia’ 2023

1 minutes read

Este luns 12 de xuño abre o prazo para inscribirse na cuarta edición do programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’. A través desta iniciativa, ofrécense 600 prazas para nenos de entre 10 e 14 anos para que desfruten de estadías de cinco días en doce establecementos hostaleiros da comunidade.

Poderanse facer a través do formulario que se habilitará na páxina web de Xuventude. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata cinco días antes da celebración do minicampamento ou ata esgotar prazas. A adxudicación de prazas será por orde de inscripción.

O programa ‘Coñece Galicia’ 2023 incorpora dúas novas localizacións con respecto ao pasado verán: o hotel Candor de A Lama (Pontevedra) e o hotel Laias de Cenlle (Ourense). Así, a proposta deste ano inclúe os seguintes minicampamentos na provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.

Polo tanto, os minicampamentos complementan a oferta de prazas en campamentos da campaña de verán da Xunta co obxectivo de dar a coñecer todo a patrimonio natural, artístico e cultural de Galicia entre a xuventude.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?