Este luns abre o prazo para inscribirse nas actividades de verán de Ponteceso


O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Deputación da Coruña oferta diversas actividades para a tempada de verán. O prazo de inscrición abre este luns, 27 de xuño ás 09.00h e pechará o 29 de xuño ás 14.00h. Poderase solicitar praza nalgunha das actividades mediante a sede electrónica do Concello ou presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes en horario de 09.00 a 14.00h. A maiores, tamén poden facer a súa solicitude na oficina municipal de Corme o luns 27 de 09.00h a 14.00h. Deben ter en conta que os horario poden verse modificados segundo as necesidades e que cada unha das actividades precisan dun mínimo de persoas inscritas para poder levarse a cabo.