Este luns activarase o novo protocolo de identificación dos contactos estreitos da covid

1 minutes read

Dende o próximo luns, día 7, entrará en funcionamento o novo protocolo de identificación e manexo dos contactos estreitos da covid, logo da actualización sobre a recomendacións das corentenas. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen ademais destacou a importancia que supón este cambio no protocolo e fixo unha chamada ao sentidiño, posto que, nos últimos días, o sistema de rexistro da Consellería de Sanidade está a alertar dun incremento no número de casos (o pasado xoves dun 26% e o venres dun 16% sobre o incremento do día anterior), que o conselleiro o asociou, probablemente, aos actos do entroido, polo que apelou á cidadanía a seguir cumprindo as normas e a que se vacinen aqueles que non o fixeran. Tamén remarcou a vontade do seu departamento de rexistrar todos os casos positivos, xa ben sexan os realizados polos profesionais, os feitos diante dos profesionais ou os dos autodiagnósticos, o que nos dá unha incidencia real da covid, -remarcou-.