Este luns actívase definitivamente o radar no paso inferior do Conxo

1 minutes read
  • O radar, que leva en período de probas desde finais de xuño, terá capacidade sancionadora

Este luns, 6 de xullo, entrará en funcionamento o radar de control de velocidade no paso inferior de Conxo, con capacidade sancionadora.

Dende o pasado venres, 26 de xuño, o radar está xa funcionando en período de probas e verificacións, e unicamente a efectos informativos, pero a partir deste luns, comezarase a multar aos infractores que superen os límites de velocidade debidamente sinalizados para este punto.

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá prega aos condutores que respecten os límites de velocidade e agarda que a colocación do radar supoña unha redución da velocidade media neste punto, que segundo as medicións feitas en diversas ocasións, supera nunha alta porcentaxe os límites marcados.