Este luns acto de clausura de Camariñas con Talento

1 minutes read

Camariñas Con Talento é un programa organizado polo Concello de Camariñas e subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Estaba dirixido á mocidade local de 14 a 29 anos. Os obxectivos deste programa foron promover e capacitar o emprendemento na mocidade, vía imprescindible para reter o talento xuvenil nas zonas rurais, e incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado mozo.

As actividades realizadas foron: un curso de 20h de creación de video con teléfonos móbil, obradoiros de actitudes emprendedoras realizados grazas a colaboración do IES Pedra da Aguia. Participaron alumnado de 4ºESO. Pildora formativa de 3 horas para coñecer Instagram e o seu uso para empresas e a viaxe para coñecer boas prácticas empresariais nas zonas rurais. Empresas vinculadas aos recursos locais. Nesta actividade tamen participaro o alumnado de 4º ESO deste instituto e coñeceron a Cooperativa Milhulloa e a Comunidade de Montes O Carballo da provincia de Lugo.  

Un total de 95 persoas participaron nestas actividades. O 58% delas son mulleres. A totalidade delas valoraron positivamente as actividades e un 88% salientaron a súa alta satisfacción respecto ao programa. 

O acto terá lugar no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto, o programa previsto é o seguinte:

11:35. Presentación do acto a cargo da directora do IES Pedra da Aguia. Mariví Mouzo Romero
11:40. Intervención da alcaldesa de Camariñas. Sandra Insua Rial
11:50. Premier realizados polo alumnado do programa Camariñas con Talento
12:00 Entrega de diplomas e clausura a cargo da Consellería de Política Social.