Este luns arrinca o Foro Turismo Covid19 da Deputación

Foto.- Cedida.

O luns día 27 de abril ás 11 horas terá lugar a primeira das sesións do Foro Turismo Covid19 coa intervención de Lucho Alcalá da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Diego López Pedreira da Reserva A Coruña e as Mariñas, Manuel Jesús Lema Caamaño de Muxía Natural, Flavia Ramil de Incolsa Turismo Santiago, Lanzada Calatayud do Consorcio Turismo Coruña ademais de Mª Teresa Villaverde polo Xeodestino Ría de Muros. A segunda xornada dedicada aos concellos no novo contexto do sector turístico terá lugar o xoves día 30 e será a única que se desenvolverá ás 18 horas. A convocatoria está aberta a persoal técnico, empresas, responsábeis de entes de xestión, xornalistas e demais profesionais do sector que poderán poñer en común a crise que se está a vivir polo coronavirus ademais de poñer sobre a mesa novos camiños para a recuperación dun sector de especial relevancia para o desenvolvemento económico.

Inscrición previa: foroturismocovid19@dacoruna.gal 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha