- Segundo os Bancos de Alimentos, durante estes meses atenderon a case 500.000 persoas máis con respecto ao 2019
A Federación Española de Bancos de Alimentos-FESBAL (que reúne a 54 colectivos) puxo en marcha desde este luns, e ata o 21 de novembro, a Gran Recollida de Alimentos 2020 virtual, unha modalide adaptada á situación actual da Covid-19.
Desde a FESGAL alertan de que hoxe en día, debido á grave crise social e económica provocada pola pandemia do coronavirus, é máis necesario que nunca axudar a aquelas familias que se atopan en situacións de necesidade extrema. Segundo os Bancos de Alimentos, durante estes meses atenderon a case 500.000 persoas máis con respecto ao 2019, e calculan que pecharán o ano repartindo axuda alimentaria a case 1,8 millóns de habitantes.
O método para participar é moi sinxelo: as persoas poderán doar a cantidade que desexen (mínimo 1 euro) ao pasar pola caixa da tenda engadíndose así ao ticket de compra. Outra opción é doar vía online a través desta ligazón.
Os fondos de toda a recadación da campaña irán integramente destinados á compra por parte de cada Banco de Alimentos produtos básicos máis necesarios; e desde a FESBAL esperan recoller o equivalente a 21 millóns de quilos, como nas tres campañas anteriores.