Este luns comeza ‘O triángulo da saúde’, dentro do programa de prevención escolar de Vieiro

1 minutes read

Este luns día 22 de xaneiro a asociación Vieiro, dentro do Programa de Prevención Escolar, inicia en Carballo o programa: “O triángulo da saúde” destinado ao alumnado de 1º a 4º da ESO.

Este programa está dividido en tres bloques:

Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais. O seu obxectivo é proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria

Des-conecta: 2 sesións que teñen como finalidade dotar aos/ás alumnos/as de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable

Ti elixes no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende facilitar ao alumnado información sobre as distintas sustancias aditivas ás que mozos e mozas poidan ter acceso.

O programa “O triángulo da saúde” levarase a cabo durante o segundo trimestre do curso escolar 2023-2024. As sesión teñen unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.

Este programa é impartido pola educadora social Tamara Rodríguez Pereira e a pedagoga Dalila Vizcaíno Regueira.

Dende a asociación Vieiro agradecen a excelente disposición dos centros educativos, así como todas as facilidades dadas polos departamentos de orientación, equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo este programa, xa que sen a súa colaboración non sería posible.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?