Este luns comezan as obras de renovación nos Mollados, en Camariñas

0 minutes read
  • A actuación servirá para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona

O Concello de Camariñas iniciará este luns as obras para renovar o camiño na zona dos Mollados, na parroquia de Xaviña. A actuación, valorada en 50.076,55 euros, servirá para mellorar o firme e dotar de máis servizos á veciñanza.

Os traballos inclúen o desbroce e limpeza das cunetas e o reasfaltado da vía. Previamente tamén se procederá á instalación dunha rede de saneamento e outra paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.