40
Este luns notificáronse oito falecementos de persoas contaxiadas de covid-19, é a maior cifra de falecidos nun día dende comezos de maio. Trátase dun home de 88 años, falecido no hospital de Verín; outro varón de 85 años falecido no CHOP; varón de 88 años falecido no CHUS; varón de 84 anos falecido no hospital del Barco de Valdeorras.
Tamén faleceron unha muller de 73 anos no CHUAC, unha muller de 97 anos do CHUO (procedente da residencia As Salinas), unha muller de 91 años falecida no CHUVI, e unha muller de 77 anos no CHULA, procedente da residente DomusVi Lugo (Outeiro de Rei). Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.