Este luns inicianse as obras de rehabilitación da estrada Ordes-Cerceda

Obras rehabilitación da estrada Ordes-Cerceda_Concello Ordes

  • O importe total do proxecto ascendía a algo máis de 117.000 euros; e foi contratado coa empresa Canarga SL por 89.500 euros

Este vindeiro luns 27 de abril comenzarán as esperadas obras de rehabilitación estrutural e superficial do firme nun tramo da estrada Ordes-Cerceda (DP 2405), por parte da Deputación da Coruña. Concretamente o dito tramo sitúase no Mesón do Vento e vai dende a rotonda situada na N-550 (Ordes-A Coruña) e as inmediacións do restaurante Avelino en dirección á Brea. O importe total do proxecto ascendía a 117.105,28 euros; e foi adxudicado e contratado a empresa Canarga SL por un importe de 89.500 euros.

As obras especificadas no proxecto, incluído no Plan de Conservación de Vías Provinciais 2019, recollen a demolición de firme nunha superficie de 1440 metros cadrados; fresado e reposición de firme nas zonas deterioradas; escavacións para saneo (1,05 m de profundidade); recheo con balastro e con material seleccionado e correctamente compactado; aumento de nivel dos sumidoiros para adaptalos ao novo pavimento, substitución de tubaxes de PVC de pluviais en mal estado; ademais da renovación da sinalización vertical e horizontal.

Por todo isto, dende este luns 27 de abril e ata o 8 de xuño permanecerá cortada ao tráfico a estrada entre o P.Q. 6+300 e o 6+600.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha