Este luns recuperarase a mobilidade en todos os concellos galegos

0 minutes read

A partir deste próximo luns, 7 de xuño, vaise recuperar a mobilidade en todo o territorio galego. Tampouco haberá toque de recollida, nin bares e restaurantes totalmente pechados. Porén, continuará vixente a prohibición de xuntarse persoas non conviventes entre a 1:00 a as 6:00 horas. Os dous municipios con máis limitacións, Mos e A Pobra do Caramiñal, viven as últimas xornadas de confinamento perimetral. Así o acordou a Dirección xeral de Saúde Pública logo de avaliar a evolución da pandemia nestas localidades e comprobar que cumpren cos criterios fixados polo comité clínico para cambiar de nivel.