O prazo para inscribirse nas lanzadeiras de emprego permanece aberto ata o luns 9 de novembro. A Xunta, a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica impulsan conxuntamente este programa que comezará este mes nas localidades da Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo para acompañar a persoas desempregadas na súa procura de emprego. O programa de orientación laboral é gratuíto e está aberto a participantes de entre 18 e 60 anos en situación de desemprego, con independencia do seu nivel de estudos e experiencia. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web www.lanzaderasconectaempleo.es ou nas oficinas de emprego desas localidades con cita previa que se debe solicitar mediante o teléfono 012 ou en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/ e https://emprego.xunta.es/citaprevia/.
36