Este luns restablécense os servizos de transporte público de titularidade autonómica

A recuperación de servizos coincide coa conclusión, o 9 de maio, da prórroga do estado de alarma e cun proceso de mellora das condicións sanitarias derivadas da covid-19. Deste xeito, os concesionarios de transporte regular de viaxeiros de uso xeral poderán prestar todos os tráficos dos contratos para atender as novas necesidades de mobilidade.

Para acceder ao transporte público e mentres permanezan no seu interior, os viaxeiros teñen a obriga de usar máscara e seguir as recomendacións establecidas, como evitar comer. Deben manter -na medida do posible- as distancias de seguridade durante o acceso e saída dos vehículos ou embarcacións e, se presentan síntomas ou consideran que teñen probabilidade de infección, deberán absterse de empregar ditos servizos.

Ademais, recoméndase realizar o pago mediante a Tarxeta de Transporte Metropolitano, a tarxeta Xente Nova ou por medios tecnolóxicos similares para evitar contactos. En calquera caso, instalaranse dispensadores de xeles hidroalcohólicos en todos os vehículos e embarcacións, sendo obrigatorio o seu uso antes e despois de realizar o pagamento cando se realice en metálico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha