- Os animais de razas potencialmente perigosas non poderán estar soltos nin sen buceira
Os veciños de Carballo e demais visitantes xa poden desfrutar do parque canino de Carballo: un recinto delimitado que ten como finalidade impedir a saída involuntaria dos cans. A instalación é totalmente desmontable, e está dotada cun banco e unha papeleira na zona de estancia das persoas usuarias. A construción, na que se investiron 8.740,06 euros, correu a cargo da empresa Soluciones Constructivas Xemapal.
A partir das 10:00 horas desta mañá todos aqueles que desexen achegarse ata ese parque deberán respectar o aforo, limitado a 10 persoas coas súas mascotas, que ademais deberán estar acompañadas e vixiadas polos seus propietarios.
O obxectivo do parque canino é ofrecer unha área de xogo controlada para os cans, que deben estar rexistrados e contar co correspondente chip de identificación. Os animais de razas potencialmente perigosas non poderán estar soltos nin sen buceira.
