Este martes celebrarase o Día dos Museos con diversidade de actividades

1 minutes read

O vindeiro martes 18 de maio Galicia celebrará o Día dos Museos coa organización de múltiples actividades nos centros museísticos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Trátase dun conxunto de máis de 30 actividades presenciais e en liña que abranguen obradoiros, visitas guiadas ou concertos, entre outros.

Baixo o lema O futuro dos museos, recuperar e imaxinar escollido este ano polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), porase o foco na progresiva incorporación e transformación dixital nos museos galegos. As celebracións deste ano estarán marcadas tamén pola recente entrada en vigor da primeira lei galega que regula de forma autónoma e independente estes centros e que supón contar con eficaces ferramentas e cunha regulación máis detallada e precisa.

As conmemoracións do Día Internacional dos Museos terán como acto central o propio 18 de maio un acto institucional presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez desde o Centro de Arte Contemporánea de Galicia (CGAC) e coa participación dos responsables dos museos da Xunta de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?