Este martes empeza en Lisboa a Xornada Mundial da Mocidade

1 minutes read

O acto presidirao o papa Francisco e está previsto que asistan un millón de mozos, entre eles, máis de 80.000 peregrinos españois. Para o alcalde da cidade, Carlos Moedas, estas xornadas supoñen poñer a Lisboa no centro do mundo e vai deixar un gran retorno económico: «Se vén xente durante sete días a Lisboa, sete días que gasten 30 euros ao día, son 300, 350 euros neses sete días multiplicado por un millón de persoas que serán máis de eso, estamos a falar de centenas de millóns», augura. Máis de 16.000 axentes velarán pola seguridade da cita e houbo que facer un maior esforzo pola proximidade que quere ter o papa Francisco cos mozos. A garda do Vaticano xa está en Lisboa e tamén van contar co apoio de policías españois.