32
- É unha medida provisional mentres se executan as obras de renovación
Despois de estar uns días pechado, o Mercado Municipal de Carballo reabre este martes as súas portas cos postos situados provisionalmente no soto do edificio. Durante esta fin de semana a empresa adxudicataria do proxecto de reforma, en colaboración cos comerciantes, estivo colocando os stand noutro lugar para non interferir nas obras e poder seguir ofrecendo un bo servizo.
Con estas reformas, que durarán aproximadamente mes e medio, o mercado poderá entrar a formar parte da rede de mercados excelentes de Galicia.
O acceso aos postos durante as vindeiras semanas realizarase dende a Praza do Concello, pola entrada principal do soto.