A partir do próximo mércores día 1 de xullo ábrese oficialmente o Camiño de Santiago e con el a Oficina do Peregrino que é a encargada de dar as acreditacións a quen percorre a Ruta Xacobea. Aínda que non estivo totalmente pechada, a Oficina do Peregrino retoma a atención presencial para aqueles camiñantes que completen cando menos os 100 quilómetros que lles sirvan para recibir a compostela. Durante os tres meses que durou o estado de alarma tan só houbo 243 solicitudes que se tramitaron telemáticamente despois de que os peregrinos deixasen as súas credencias nun buzón habilitado a tal efecto.