Este mércores remata o prazo para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme

1 minutes read

O Bono Enerxía Peme cobre o 80% do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000 euros por solicitude. Apoiarase a instalación de elementos de control solar como toldos ou láminas de control solar ou térmico de cor branca, negra e variantes; a renovación de equipamentos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos, por outros que utilicen tecnoloxía led; a mellora de eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garantan unha subministración con calidade e fiabilidade; a renovación de equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, entre outros; a instalación de aparellos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria; ou sistemas domóticos ou inmóticos para a xestión da enerxía e un gasto máis eficiente.

A Xunta informa de que o vindeiro mércores, 31 de agosto, remata o prazo de solicitude deste programa impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Unha iniciativa destinada á mellora enerxética das instalacións de pemes e autónomos que desenvolvan actividades no comercio, hostalería, artístico-recreativas ou outros servizos.