Este mércores, sorteo da campaña ‘Un Nadal de premio no comercio de Malpica’

1 minutes read
  • Repartiranse cinco vales con 100 euros cada un para gastar no comercio local

Este mércores coñeceremos aos gañadores da campaña ‘Un Nadal de premio no comercio de Malpica’. Será na casa consistorial a partir das 11:00 horas, aínda que o evento tamén se poderá seguir a través do Facebook municipal.

Segundo afirman desde o goberno local «unha man inocente será a encargada de sacar da urna as cinco papeletas premiadas con 100 euros cada unha para gastar no comercio local».

Detrás desta iniciativa atópase o departamento de Promoción Económica do Concello, cuxo obxectivo foi fomentar o consumo a nivel local durante as datas de Nadal dando «moi bo resultado».