36
A apertura da Porta Santa da igrexa de Santa María das Areas de Fisterra era unha reclamación a voces de entidades e colectivos vinculados ao Camiño, reivindicando tamén deste xeito dar sentido ao percorrido completo do Roteiro Xacobeo desde Santiago de Compostela ata Muxía e Fisterra. A Xunta de Confrarías de Fisterra por fin puido confirmar que a Porta Santa será aberta ao longo deste mes de xaneiro, por cal motivo se mostran moi ilusionados, algo que cren que será un gran beneficio para toda a zona e tamén para os peregrinos en xeral.