Este mes chega “Steam en familia” a Ponteceso

Ponte+.

Trátase dun conxunto de propostas dirixidas a pais/nais e alumnos/as co obxectivo de promover iniciativas que favorezan encontro e a convivencia interxeracional.

A primeira acción terá lugar o sábado 15 e tratará sobre “Muller e Ciencia”. Ademais, a partir das 11.00 horas, haberá xornada de portas abertas das aulas científicas “Isidro Parga Pondal” baixo o título “A nena e a ciencia”.

Por outra banda, o xoves 20 realizarase un taller de robótica con Gerardo Reino, que contará co apoio de Maker Store by Allnet, e o día 27 será a quenda dos drons, a cargo do colectivo XeocLip. A programación completarase en marzo con divertidos obradoiros nos que non faltarán a impresión 3D, a arquitectura e as matemáticas recreativas.

As sesións celebraranse de 17.00 a 19.00 horas e o acceso ás mesmas será de balde.