Portugal decretou o peche das fronteiras con España o 31 de xaneiro e desde entón só se permitiu o tránsito de nacionais e residentes, transporte de mercadorías e traballadores transfronteirizos, polos pasos autorizados polas autoridades.
Portugal comunicou este xoves que as fronteiras con Galicia abrirán este sábado 1 de maio. Así o anunciou o primeiro ministro António Costa tras tres meses de peche que provocaron perdas millonarias ás empresas da raia e que levaban semanas pedindo que se levantaran as restricións. Unhas restricións que deixarían de ter vigor canda o estado de emerxencia que tamén finaliza o este venres á noite. A decisión tómase polos bos datos da pandemia, que permitirían abrir fronteiras e continuar cara o final da desescalada despois de máis de tres meses con esas fortes restricións. Aínda que Portugal abra as fronteiras, Galicia continúa con peche perimetral, que non permitiría pasar ao país veciño se non é por un motivo xustificado.