Este sábado arrinca o programa de andainas «Zas, a paso lento»

Este sábado, día 12, ponse en marcha o programa de andainas “Zas, a paso lento” incluído dentro da programación “Verán en Zas” organizada polo Concello de Zas.

O punto de encontro será ás 10:00 horas na Praza do Concello e dende alí as persoas participantes realizarán unha ruta circular “Ao son do río de Zas”. Son uns nove quilómetros de andaina de dificultade baixa para atravesar as diferentes carballeiras situadas á beira do río de Zas ata chegar a San Martiño de Meanos. Unha vez alí, e tras un breve descanso, regresarase de volta á Praza do Concello.

Para participar é necesario anotarse previamente a través dos números de teléfono 981 75 13 98 ou 981 71 80 56 ou no formulario https://bit.ly/andainas25. As inscricións son de balde.

As andainas continúan o 19 de xullo (Brandomil) e o 1 de agosto (Baio).

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar