Este sábado arrincará en Carballo o Circuíto de Baloncesto 3×3 Deputación da Coruña

Carballo acolle este sábado 7 de xuño os primeiros partidos do I Circuíto de Baloncesto 3×3 Deputación da Coruña, que se disputará tamén durante o presente mes de xuño nos concellos de Ordes (14 de xuño) e Brión (28 de xuño) e na que se prevé a participación de máis de 300 nenos e nenas de entre 10 e 13 anos de toda a provincia.

O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e o delegado da Federación na Coruña, José Manuel Villamarín presentaron esta mañá a cita, que aspira a «levar de novo á rúa un deporte que naceu na rúa, como é o baloncesto» e a potenciar a práctica deportiva entre os máis pequenos, segundo afirmou Leira.

Bernárdez apuntou que xa hai 35 equipos inscritos para o evento de Carballo, 13 en categoría Infantil, 13 en Cadete e 9 en Pre-mini e mostrouse confiado en que «vai ser todo un espectáculo, con moitas sorpresas, máis alá da dimensión deportiva».

Os equipos máis destacados na fase previa recibirán un trofeo e medallas; na fase final serán agasallados cun trofeo, medallas e vales para a compra de material deportivo en establecementos da provincia.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar