Este sábado chega a Ponteceso o VIII Festipopeóns

1 minutes read
  • Exposicións, obradoiros, concursos, faladoiros e a lectura do Manifesto do Día do Peón, a cargo da escritora e editora Cecilia Monllor, completan o programa de actos do festival.

Xa di o refrán que “polo San Martiño, buxainziño baila o peón no camiño” e este ano, aínda que cuns días de retraso, todos os e as amantes dos peóns, trompos, perinolas e perindolas volverán a darse cita no Centro Cultural de Ponteceso para poñer a proba as súas habilidades coa buxaina e participar nas actividades que nos deixará este sábado o VIII Festipopeóns organizado polo Museo Etnolúdico de Galicia xunto á Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Concello de Ponteceso. O Festival Ponteceso Peóns contará, nesta ocasión, cun amplo programa de actos entre os que non faltarán concursos, exposicións, charlas e, por suposto, a tradicional lectura do Manifesto do Día do Peón, que este ano recaerá na escritora e editora Cecilia Monllor. As actividades serán de balde a abertas á participación de toda a veciñanza. Máis información e inscricións nos teléfonos 981 715 442 ou enviando un mail a: ricardoperezyverdes@gmail.com.