Este sábado chega unha nova edición do «Live In Cances»

0 minutes read

A asociación cultural San Campio da parroquia carballesa de Cances organiza para este sábado 13 de novembro unha nova edición, e xa van 15, do seu festival pop-rock ‘Live In Cances’. As actuacións están previstas para ás 21:00 horas, coa posta en escea dos grupos ‘Versión Imposible’, coa súa vocalista Jennifer Cambón participante no concurso de recanteiros do programa Luar da TVG, e ‘The Cerne Revival’, (tributo a Creedence CCR). A cita será no local social con entrada libre, pero aforo limitado.