27
A Concellaría de Turismo e Festexos de Malpica ten preparado para este sábado, 12 de agosto, o Malpica Verán Rock. Os concertos comezarán ás 22.00 horas na Praza Villar Amigo e forman o cartel as agrupacións Ambigüo, Tálesien, The Cerne Revilval Band e Versión. O evento musical, de acceso gratuíto, busca ofrecer a oportunidade de desfrutar da boa música rock que tan boa acollida ten sempre en Malpica.