Este sábado dará comezo a veda da centola, no medio dunha campaña difícil a deste ano, que ía camiño de superar a xa histórica do 2019, e finalmente salvouse grazas ás boas vendas dos meses de novembro e decembro.
Todo cambiou co estado de alarma a mediados de marzo. A frota baixou a súa actividade e o volume de capturas foi este ano de 400 toneladas, 100 menos ca o ano pasado. Malia a parada da primavera, a campaña da centola remata cunha facturación de catro millóns e medio de euros, semellante á do ano pasado. E logo da veda da centola, o 1 de xullo ábrense as campañas do polbo e a nécora.