- Tamén será unha homenaxe a 13 mulleres asasinadas polo réxime franquista en 1.939.
O Concello de Oleiros fai un chamamento a toda a cidadanía para que participe neste acto público aberto. Está prevista a presenza de representantes de diversas forzas políticas democráticas, sindicatos e familiares das Trece Rosas. Este novo espazo público ocupa toda a franxa costeira desde o Hotel Portocobo ata a praia de Bastiagueiro, ocupando 123.594 metros. O Concello investiu máis dun millón e medio de euros na súa creación. Coa denominación das Trece Rosas, o Concello de Oleiros pretende render homenaxe e honrar a memoria destas trece mulleres asasinadas por defender a liberdade, a democracia, a república e os dereitos dos traballadores e traballadoras.
O 5 de agosto de 1939, coa Guerra Civil xa rematada, o réxime franquista fusilou a Carmen Barrero Aguado (29 anos), Martina Barroso García(24 anos), Blanca Brisac Vázquez (29 anos), Pilar Bueno Ibáñez(27 anos), Julia Conesa Conesa(19 anos), Adelina García Casillas(19 anos), Elena Gil Olaya (20 anos), Virtudes González García (18 anos), Ana López Gallego(21 anos), Joaquina López Laffite (23 anos), Dionisia Manzanero Salas (20 anos), Victoria Muñoz García(18 anos) e Luisa Rodríguez de la Fuente(18 anos).
Ademais deste acto, o venres ás 20:30 horas proxectarase o filme Las Trece Rosas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta pero a capacidade estará limitada á metade das butacas, tal e como establece o BOE.
