Este sábado na medianoite comeza a nova tempada de Hit Clubbin en Nova Hit

1 minutes read

O radio show, producido en Nova Hit, comezaba a súa andaina nas ondas alá polo 2005 e foi crecendo paulatinamente ata converterse nun dos programas de radio máis importantes para os amantes do son house ao emitirse neste 2021 en mais de 250 estacións de radio (terrestres e en liña) en países como España, Italia, USA, Ucraína, Arxentina, Bolivia, Francia, Ecuador, Colombia, Portugal, México, Costa Rica, Perú, Venezuela,… ata completar unha lista de 22.
Hit Clubbin´ é presentado e dirixido por Frisco Taibo, un dos radio djs mais carismáticos e cunha longa traxectoria profesional nas ondas que ao longo dos anos logrou que o seu programa se afianzase conseguindo ata en 6 ocasións o ser nomeado como “mellor radio show dance” por revistas especializadas.

Esta nova tempada que será a numéro 17, vén tomar a substitución da anterior que quizais fose a mais exitosa de todas cunha repercusión mais que notable e onde ademais viron a luz nin mais nin menos que 5 álbums do programa que se publicaron en todo o planeta nos principais portais dixitais.

O programa nesta nova tempada manterá o formato habitual que tan boa acollida tivo ao longo de todos estes anos e por onde desfilaron os mellores djs do mundo. Ademais de nas emisoras de radio onde se emite, cada luns poderase escoitar tamén nas plataformas de ivox, mixcloud e 1001 tracklists.

+ info en www.hitclubbin.com e www.facebook.com/friscotaibo

Promo Hit Clubbin.