Este sábado regresa o balonmán a Carballo

1 minutes read

Este sábado 10 de outubro; ás 20:00 horas, o pavillón Vila de Noia ten unha cita co balonmán. O Calvo Xiria que estreou a tempada con vitoria a domicilio; espera impaciente o debut diante da súa afección; que nesta situación, terá o aforo limitado a 180 prazas. O seu rival será o Magope Seis do Nadal de Vigo, que mantén gran parte do bloque da tempada pasada agás un par de xogadores. É un equipo loitador que prepara ben os partidos. Ten un persoal novo; liderado en ataque polo seu central Guillermo Rial. O Calvo Xiria, conta coa dúbida ata o último momento do meta, Iago Gómez; o resto do persoal estará dispoñible. Unha das claves do encontro, será mellorar no ataque posicional, diante das variantes defensivas dos visitantes.