Este sábado regresan os ‘Seráns de Baile’ a Paiosaco

O Concello da Laracha volve organizar unha das citas máis queridas polo colectivo das persoas maiores do municipio: os Seráns de Baile. A actividade regresa ao auditorio do Centro Sociocultural, onde todos os sábados, de 18:00 a 21:00 horas, haberá música e baile para compartir nun ambiente distendido e festivo.

A proposta está dirixida prioritariamente ás persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas co obxectivo de ofrecerlles un espazo agradable no que poidan gozar do seu tempo de lecer, manterse activas e favorecer as relacións sociais dentro deste grupo de idade.

Esta iniciativa supón unha renovación do compromiso municipal co benestar das persoas maiores, apostando por actividades que melloren a súa calidade de vida, fomenten o encontro e contribúan a combater a soidade non desexada.

Related posts

O BNG alégrase da posta en marcha inmediata do servizo oncohematolóxico da Costa da Morte

Xunta e Concello asinan un convenio de colaboración para a humanización da avenida de Fisterra de Carballo

O PPdeG comprométese a seguir traballando para que se reforce a seguridade no litoral galego