Este sábado 31 de xaneiro de 2026 ás 18:00 horas terá lugar a presentación do poemario “Os Ausentes” na casa da Cultura do Museo Man de Camelle ( Camariñas). A asistencia esta aberta ao publico e o acto contará coa participación de Agustin Agra (escritor) e Álvaro Barros (Biólogo)
Este acto consistirá na presentación do poemario, coloquio posterior e entrega de exemplares os asistentes.
Este poemario está editado polo Galp Costa da Morte como una das súas actividades de promoción, conservación e difusión da cultura mariñeira tanto material como inmaterial recollidas na súa estratexia de desenvolvemento local participativa. A súa posta en valor e difusión permite amosar o traballo dos mariñeiros, a súa importancia e axuda a recoñecer o verdadeiro esforzo que se realizar para poder abastecer as poboacións de produtos do mar
Esta publicación, presenta un breve pero intenso poemario de Os Ausentes, escrito baixo o seudómino de CATIVO e constitue a obra poética de Jacobo Barros, composta por 28 poemas agrupados baixo cinco presentacións, retratos en prosa dos arquetipos de homes tripulantes dos pesqueiros galegos que faenan en Gran Sol e Terranova.
Esta colección de poesías esta inspirada nas duras condición de vida do microcosmos que se crea nun Pesqueiro galego de altura, nun espazo reducido, poboado de personaxes que flutúan entre o sentimento de derrota e a loita diaria por sobrevivir.
A obra pretende render una homenaxe aos mariñeiros galegos de Gran Sol e Terranova, e a descrición poetizada dos duros traballos a bordo dos barcos neses caladoiros.