Este sábado ‘Seráns de Baile’ en Paiosaco

Todos os sábados o Concello da Laracha programa os Seráns de Baile nas instalacións do centro sociocultural de Paiosaco entre as 18:00 e as 21:00 horas. Son as tardes de música, baile e ocio para as persoas maiores, que están convidadas a asistir dun xeito totalmente gratuíto.

O lugar escollido, o auditorio do centro sociocultural da Porta Santa, é amplo e funcional para albergar actividades deste tipo, ademais de contar no seu exterior cun amplo espazo de aparcamento para maior comodidade das persoas que se achegan en vehículo particular.

O Concello organiza esta actividade para ofrecer aos asistentes unha alternativa de ocio que optimice o seu tempo de lecer e, ademais, favoreza as relacións sociais entre o colectivo da terceira idade e evite a exclusión social.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha